29 sept 2011

Iº OBRADOIRO MAGHÚA DE FOLCLORE GALEGO (22 de outubro)



Este é o cartaz do Iº OBRADOIRO MAGHÚA, o cal agardo que vos resulte mui interesante e vos apontedes, anivade-vos!!!!!!!!!

Logo dos problemas que levaron ao adiamento deste encontro, xa temos data oficial. 22 de outubro, no IES UNIVERSIDADE LABORAL (antes IES CRUCEIRO BALEARES).

Esta semana amañaremos para xantar nas instalacións do IES, a un prezo módico (contamos con poder xantar a un prezo de arredor de 7, 7'50 euros).

Este encontro vai consistir nos catro módulos de perfeccionamento xa comunicados na convocatória de xuño: baile tradicional (impartido por Luis Prego), canto tradicional (impartido por Xabier Diaz), gaita galega (David Bellas) e percusión tradicional (impartido por Lola de Ribeira).

O prezo por cada módulo será de 35 euros, mais logo, o xantar, no caso de quererdes xantar ali, na Laboral. Cada módulo terá unha duración de 8 horas (de 10 a 14 e de 16 a 20).

Para reservar praza, ou receber info: maghua.cantareiros@gmail.com ou no 696607342

Para @s indecis@s, eis os programas dos catro módulos!

BAILE GALEGO (impartido por Luis Prego):

JOTA DOS VELLOS. (PONTEVEDRA)
MOVEMENTOS, COREOGRAFÍAS E PUNTOS DA “JOTA DOS VELLOS”, NOS CONCELLOS DE PAZOS DE BORBÉN, PONTECALDELAS E MONDARIZ.

CARBALLESA. (LUGO)
TÉCNICAS, COREOGRAFÍAS, MOVEMENTOS E XEITOS DE BAILAR A CARBALLESA NOS CONCELLOS DO CAUREL E DO INCIO.

JOTA E MUIÑEIRA DA EDREIRA VELLA. (OURENSE)
BOTAREMOS UNHA OLLADA AMPLIA AO XEITO DE BAILAR O SOLTO NA AREA XEOGRÁFICA DA SERRA DO SUÍDO, E CONCRETAREMOS CON PUNTOS DO POBO DA EDREIRA VELLA.

MUIÑEIRAS E PATEADOS NA COMARCA DE SANTIAGO. (A CORUÑA)
VEREMOS PUNTOS E VOLTAS DOS CONCELLOS DE AMES, VAL DO DUBRA E SANTIAGO DE COMPOSTELA.


CANTO TRADICIONAL (impartido por Xabier Diaz):

Eis o PROGRAMA:

- Breve estudo das escalas modais e a suaa asociación às melodias tradicionais.

- Apontamentos sobre afinación, dinámicas e expresividade no canto popular.

- Adufes, Pandeiras e Pandeiretas apontamentos técnicos e ritmos.

- Repertório aplicado.


GAITA GALEGA (impartido por David Bellas):

Eis o PROGRAMA:

- Análise de música tradicional aplicada à interpretación

- Fundamentos básicos da música tonal e a sua importáncia na interpretación

- A articulación, a ornamentación e a sua aplicación dende unha visión musical

- Ferramentas para a articulación (posición de silenzo e os seus diferentes usos non só como un corte abrupto)

- Preparación do instrumento (diferentes elementos) segundo o repertório
a) Punteiro (preparación da palleta)
b) Bordóns (Volume, timbre, etc)

- Afinación:
1. Os tons diferenciais.
a) Recoñecimento auditivo
b) Exercizos básicos sen mudar o diferencial
c) Traballo con diferente número de gaitas
d) Traballo con diferentes intervalos
e) Liña melódica dos diferenciais
f) Interrelación entre a interpretación/composición e os tons diferenciais
2. Afinación dos diferentes elementos sonoros
3. Diferenzas entre tocar con bordóns ou sen eles
4. Afinación de sons en horizontal (liñas melódicas) e vertical (bloques acórdicos)
5. A série de Harmónicos e a sua repercusión na formación de acordes.
6. Afinación de bloques acórdicos:
a) Xerarquias dentro do acorde
b) Duas gaitas (diferentes intervalos)
c) Acordes tríadas
d) Acordes cuatríadas
7. Relación entre o volume e o timbre coa afinación en grupos de gaitas.
8. Peculiaridades propias do instrumento: conicidade moi pronunciada, diferentes posicións para cada son, instrumento moi agudo…e a sua relación co repertório.

- Introdución à técnica expandida
a) Medios furados
b) Dedos oitavadores
c) Posicións nos diferentes rexistros
d)Harmónicos e notas reais

- introdución aos diferentes repertórios para gaita ademais da mús. Trad. Galega.

- Exercizos tanto individuais como en grupos para experimentar o falado no curso.

• Todos os contidos especificados serán tratados dende unha óptica puramente prática


PERCUSIÓN TRADICIONAL (impartido por Lola de Ribeira):

Eis o PROGRAMA:

.-Exercizos vários de técnica de baqueta(acentuacións, mordentes,paradiles,...).

.-Traballo de pergunta-resposta rítmica,como entrenamento auditivo e da memória.

.-Traballo de repentización rítmica apartir dun modelo melódico prefixado.

,.-Traballo de composición e arranxos de percusións para tambor,bombo e pandeireta(1.básicos,2.debuxo da melodía,3.contraposición coa melodía,...).

-Manexo de pequenas percusións(tarrañolas,culleres,..)


A idea principal é traballar sobre todo arranxos