24 may 2011

Iº OBRADOIRO MAGHÚA DE FOLCLORE GALEGO - MÓDULO: PERCUSIÓN TRADICIONAL


Dentro do Iº OBRADOIRO MAGHÚA DE FOLCLORE GALEGO, que se celebrará no antigo cárcere provincial d'A Coruña o vindeiro 25 de xuño, temos módulo de PERCUSIÓN TRADICIONAL, a cárrego da música LOLA FERNÁNDEZ PARADA.


O prezo é de 35 euros por persoa, mais 9 se queres xantar no restaurante ROMA II (fronte à Torre de Hércules. O módulo terá unha duración de 8 horas (de 10 a 14 e de 16 a 20 h.)

Eis o PROGRAMA:

.-Exercizos vários de técnica de baqueta(acentuacións, mordentes,paradiles,...).

.-Traballo de pergunta-resposta rítmica,como entrenamento auditivo e da memória.

.-Traballo de repentización rítmica apartir dun modelo melódico prefixado.

,.-Traballo de composición e arranxos de percusións para tambor,bombo e pandeireta(1.básicos,2.debuxo da melodía,3.contraposición coa melodía,...).

-Manexo de pequenas percusións(tarrañolas,culleres,..)


A idea principal é traballar sobre todo arranxos

Para mais información e solicitude de preinscrición:
maghua.cantareiros@gmail.com / 696607342

No hay comentarios: