10 feb 2010

Maghúa no Alalá da TVG



O grupo de cantareiros Maghúa, da Asociación Cultural Maghúa, gravaremos o vindeiro venres, 26 de fevereiro, o apartado musical para a edición dun programa da série ALALÁ, emitido pola TVG.

Comezará às 17.00 na tasca A REPICHOCA, d'A Coruña, bar no que a música do País tivo e ten ampla cobertura.

Sobre as 19.00 horas terá rematada a gravación e, agardamos, haberá algo de festa.

Quixeramos contar con todos e todas vós para que botedes uns pontos durante a gravación, e para tomarmos algun grolo xuntos.

Estades todos e todas convidados e convidadas!

Unha aperta!

Maghúa na Foliada de Antroido 2010, no Forum Metropolitano


O vindeiro luns, 15 de fevereiro, Maghúa participaremos na IIª Foliada de Antroido.

Comezará às 20.00 horas e compartiremos festa con todos aqueles que vos animedes a botar unhas pezas, a bailar..., ou a papar filloas....

Unha forte aperta, e vemo-nos no FORUM METROPOLITANO!