9/9/2013

MAGHÚA MIGRAMOS A BLOGALIZA!!!

Amigos e amigas, Desde hai case que dez meses Maghúa vimos actualizando e achegando info sobre o grupo e sobre as actividades desenvolvidas pola ASOCIACIÓN CULTURAL MAGHÚA en BLOGALIZA.... Sentimos as moléstias e pedimos desculpas aos e às que vos puiderades sentir amolados. Se queredes saber algo mais sobre nós, e seguir a nosa actualidade, en www.http://maghuacantareiros.blogaliza.org/ Unha fonda aperta! AC MAGHÚA

12/12/2012

PONTOS DE VENDA DO CORRICÁN

Se queres, nestas festas, facer o agasallo do noso disco, Corricán, podes pescá-lo en: - N’A Coruña: A GRILEIRA, A REPICHOCA, BIBLOS CLUBE DE LECTORES SL, BULIDEIRA, DE COTÍO, DISCLUB SA, DISCOS FANS, DISCOS FANS SANTIAGO, DISCOS NONIS, DOLMEN, EL CORTE INGLÉS, FNAC, GALERÍA SARGADELOS, HIPERCOR, HIPERFROIZ, LIBRARIA PEDREIRA, LIBRARIA SISARGAS, LIBRERÍA SAR, LONXA CULTURAL, PORTOBELLO, RETABLO, SAN PABLO, TRISQUEL, XIADA SL - En Lugo: DISCOS CEDÉ, DON DISCO, LIBRERÍA TRAMA, TRISQUEN - En Ourense: ALEJANDRO SUÁREZ RIVEIRO, LIVRARIA TORGA, PEGGY, VIA LACTEA, ZINEMUSIK - En Ponte Vedra: ALAMBIQUE, AQUELARRE, EL CORTE INGLÉS, ELEPÉ, FROIZ, GALERÍA SARGADELOS, HIPERFROIZ, LIBRARÍA O PONTILLÓN, LIBRARÍA RAMÓN CABANILLAS, LIBRERÍA ANDEL, LIBRERÍA CARTABÓN, LIBRERÍA ANDEL, VÁZQUEZ LESCAILLE, VILAFER - No Estado español: EL CORTE INGLÉS, ELKAR, FNAC, GALERÍA SARGADELOS, MEDIA MARKT, GALERÍA SARGADELOS BARCELONA E, por suposto, en calquera das actuacións que teñamos, e via Internete (incluida a de Inquedanzas Sonoras, claro), via email e chamada de telefone.... Estamos abertos a todo tipo de ofertas, oia!!! E,ainda que non sexa o disco Corricán, de Maghúa, agasalla música tradicional!!!

1/12/2012

MAGHÚA EN PUCELA

Maghúa achegaremos a cultura tradicional do noso País a Pucela na vindeira fin de semana do 8 e 9 de decembro…. Logo de participarmos no DésConcerto Expansivo de mañá, dia 1, n’A Repichoca (A Coruña, 22.00) e de apresentarmos o Corricán en Ferrol o vindeiro dia 6 en Ferrol (no LAR do Real Coro Toxos e Froles, acompañados polo GMT «OS XOTAS» e por «MAIANAS» pandeireteiras da Maia), a maré leva-nos cara o interior, à terra do estádio da pulmonia…. O 8, na CASA BABYLON (Paseo Juan Carlos I, 126), apartir das 21.30. O 9, na livraria LA LEONA (Juan Mambrilla, 19), apartir das 12.00 (e ainda chegamos para unha sesión vermu a calquera dos locais de tapeo, oia!). Ambos os dous dias, pagarás bailando! E continua a maré Corricán….

28/11/2012

Maghúa no DésConcerto Expansivo d'A Burla n'A Coruña

O vindeiro sábado, 1 de natal, cumpren-se dez anos desde a convocatória do Concerto Expansivo pola Marea da Dignidade contra a ignonímia que supuxo o afundimento do Prestige…. Co gallo deste aniversário o colectivo A Burla convoca o DésConcerto Expansivo de xeito simultaneo en locais de todo o País, Galiza, que padeceu en própria carne o desastre… Maghúa participaremos no DésConcerto que A Burla organiza n’A Coruña, no local A Repichoca (Orillamar 13), que, unha vez mais, cede as suas instalacións pola defensa do que é de noso…. 22.00 horas, o vindeiro sábado 1 de decembro…. Contra a desfachatez, PAGARÁS BAILANDO!!

27/11/2012

MAGHÚA - ENTREVISTADOS EN MÚSICA EN GALEGO!

musicaengalego: ENTREVISTA A MAGHUA: Maghúa son un grupo afincado na vila d’A Coruña formado por catro homes…. Por que esta formación? No mundo da pandeireta as raiñas son as ...

15/11/2012

MAGHÚA NA CASA DAS CRECHAS E OUTRAS HISTÓRIAS....

Amigos e amigas, esta semana vai ser un inferno...., ironicamente falando...., porque Maghúa, encantados estamos....

- A vindeira terza-feira (martes 20), Maghúa tocaremos por primeira vez na Casa das Crechas (Compostela) apartir das 22.30 horas. 

- A vindeira sexta-feira (venres, 23), apresentaremos o noso Corricán no LUAR da TVG. 

- A fin de semana do 24 e o 25, Maghúa levamos áncora e collemos singradura cara Madrid.  O 24 apartir das 22.00 h., apresentamos na Posada del Diablo (Avenida de Madrid 2, Alcalá de Henares); e o 25, apartir das 12.00 horas, botaremos unhas parolas e unhas pezas na Livraria Tenda Galega Aturuxo (C/Vallehermoso, 104, en Madrid). E, antes de marcharmos, cocidón (xantado, claro...) madrileño!


Para mais adiante e, a curtísimo prazo...:

- Dia 6 de decembro,  apresentamos o Corricán no LAR do Real Coro Toxos e Froles, Ferrol, xunto con dous grupos mais (iremos informando).

- Os dias 8 e 9 de decembro achegaremos a cultura do País a Valladolid. Iremos informando, por suposto!


O dito, PAGARÁS BAILANDO!!!!!

8/11/2012

MAGHÚA EN LUME NA PALLEIRA (RG)

Recén desembarcados da nosa faena por mares de Vigo, faremos unha paraxe técnica no caladoiro Lume na palleira (RG) este vindeiro sábado, 10 de novembro. Ondas do mar, ondas electromagnéticas... para apresentarmos o Corricán!!!

O programa Lume na palleira, da mao do amigo (e grande músico!) Emílio Españadero, leva anos valendo pola música tradicional do País e, como prévia ao noso paso polo programa, fixeron apresentación do noso Corricán o pasado sábado, 3 de novembro (estando nós por terras Catalegas, en Barcelona!)

http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/lume-na-palleira

Arrrrr, mariñeiros!!!!


6/11/2012

MAGHÚA, LAGHARTEIRAS E ABÓBRIGA EN MATAMÁ (VIGO)

Maghúa compartiremos unhas cervexas, cenário, baile e risas coas amigas de Lagharteiras e cos amigos de Abóbriga esta vindeira sexta-feira, 9 de novembro, na Taberna Rianxeira (Devesa, 25, Matamá - VIGO).

Apartir das 22.30 h, e até que o corpo aguante!!!



26/10/2012

MAGHÚA EN BARCELONA

Amigos e amigas,

Seguindo coa xira de apresentación do noso primeiro disco, "Corricán", chegamos o vindeiro dia 3 de santos (novembro) a Barcelona.

Apartir das 21.00 horas, no Centro Galego de Barcelona (A Rambla 35-37). Entrada 2 euros.

Antes, magosto, logo, foliada aberta!

Aire!!!



17/10/2012

MAGHÚA HABEMUS CORRICÁN. ESTREA MUNDIAL N'A REPICHOCA. 19/OUTUBRO

Maghúa apresentamos este venres o noso primeiro traballo discográfico, que leva por título Corricán. 

Se queres botar uns pontos, pasar un bon anaco e tomar-lle unhas mirindas (ou rúbias do País), achega-te à Repichoca, local coruñés que leva anos dando o seu apoio total à nosa música tradicional....  

Hora, às 23.00
Entrada, de balde.

AVANTE TODA!!!!





24/9/2012

MAGHÚA NA IV XORNADA DE CULTURA POPULAR (SAN SADURNIÑO)


Maghúa tocaremos durante a IV Xornada de Cutura Popular que organizan os amigos da asociación Berros do Castro, de San Sadurniño....!

Vide desfrutar do que é de noso!



A EXPOSICIÓN

Exposición de instrumentos de percusión antigos. Coa colaboración do obradoiro de Xosé Tuñas

OBRADOIRO DE MÚSICA... Ideas novas para ritmos vellos: Introdución aos ritmos galegos


O docente: Xosé Lois Romero

Presentación: ás 10.00 h.

Contidos: de 10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 19.00 h.

Obxectivo: Aportar ferramentas creativas para intérpretes de percusión tradicional a partir dos motivos rítmicos básicos (muiñeira, xota, pasodobre, polca, rumba,...). Cunha duración de 6 horas, o obradoiro está dirixido a todo tipo de instrumentos de percusión, dándose especial atención á concertación de todos eles e a interpretación en grupo. O curso será eminentemente práctico.

Inscricións
Límite de prazas: 15 participantes.
Prezo do obradoiro: 12€ en concepto de reserva e material didáctico.
Prazo límite para a inscrición: 25 de setembro

Información e inscricións:
berrosdocastro@gmail.com
669 795 418 | 626 140 798

CONCERTOS (a partir das 20.00 h. Abertos e gratuitos)

Suso Vaamonde & Xosé Lois Romero

Cantareiros “Maghúa”

“Os Feroces da Galgueira”

3/9/2012

MAGHÚA NO XORNAL "EL PAÍS"

Logo de rematarmos de gravar o que será o noso primeiro traballo discográfico, que será editado este outono, de tocar na Festa da Carballeira de Zas, e de colaborar no traballo do cantor Sapoconcho, eis unha ligazón ao artigo que nos adicaron no xornal "El País" (Ed. Galiza).

Unha forte aperta, e grazas a todos e todas polo apoio!!!



13/6/2012

MAGHÚA NA XUNTANZA VECIÑAL DE CULLEREDO

Maghúa (sempre nos poñen mal o nome....) acompañaremos a Alén do Mar e Os Cempés na Xuntanza Veciñal, que terá lugar en Culleredo o vindeiro sábado, 16 de xuño....


Vide botar uns puntos e papar nas sardiñas, que teñen prezos anticrise!!!!

Parque de Acea de Amá, apartir das 19 horas.

6/6/2012

MAGHÚA NAS FESTAS DE SAN PEDRO (COMPOSTELA)

O vindeiro xoves, 28 de xuño, Maghúa compartiremos cartaz, e seguramente algun gintonic, cos amigos de Os Modernos e Ardentia, dentro das festas do bairro de San Pedro (Compostela).


Anima-te, que vai pagar a pena!!!!

18/5/2012

MAGHÚA NO BARRICAS FOLK ROCK (8 DE XUÑO)

MAGHÚA NO BARRICAS FOLK ROCK (8 DE XUÑO)


Logo de tocarmos no Encontro de pandeireta galega e asturiana en Corcubión, de pasarmos pola Festa de primavera do bairro compostelán de San Pedro, de irmos de troula polo casco vello da capital cos Cantos de Taverna organizado polos Muiñeiros d'O Sarela.... Nestes dias, se cadra, gravaremos algo (...) e iremos preparando a nosa participación no IIº Barricas Folk Rock, que terá lugar n'O Milladoiro, entre o 8 e o 9 de xuño...

Vaia cartaz, de luxo, calquera dos dous dias (e, por suposto, o dia que tocamos nós). Asi dá gosto tocar, con esa compaña!